O MEU REFUXIO





Sentíame moi protexido no meu refuxio segredo, recordando como aquela sinxela construción con forma de cogomelo, se convertera na miña fortaleza.
Todo comezou fai catro anos. Recordo a miña nai entrando pola porta da casa e dicirme: -Martiño, teño que falar contigo unha cousa. Mira imos ter que mudarnos a outra cidade; ofrecéronme un traballo mellor pagado en Pontevedra, e xa sabes, desde que morreu teu pai, a nosa situación e bastante complicada. Xa veras como nos vai mellor -. Daquela eu tiña 10 anos e nese momento sentín como se un refacho de vento me deixara espido no medio da nada, pero calei, só sentía medo, aínda que non sabía moi ben por que.     
Eu era un neno moi solitario e inseguro desde aquel día, que baixando do autobús, un coche me levou por diante, causándome una grave lesión na cadeira dereita. A partir de entón, xa todo cambiou para min. Xogar comigo era moi aburrido pola lentitude, non se pode dar unha patada a unha pelota arrastrando a perna pola terra. Pouco a pouco funme afastando, quedábame mirando como xogaban os outros nenos, e como se esquecían de min.


Chegamos a Pontevedra a un lugar chamado Campolongo, a miña nai arrendou un pequeno piso que lle quedaba cerca do traballo e do colexio. Pero o que mais chamou a miña atención, foi o parque que se podía ver desde a ventá do meu cuarto, non era moi grande pero tiña algo especial xusto no centro un cogomelo moi grande, que eu non podía deixar de mirar.
O parque tiña forma de taboleiro de parchís con catro zonas diferenciadas nas esquinas, unha  area con columbios e outros xogos para os mais pequenos, outra zona, era un xardín con diferentes plantas e árbores non moi grandes, e cunha alfombra de herba polo chan, a terceira, uns edéns xigantes para que os nenos un pouquiño mais maiores poidan facer cabriolas coas súas bicicletas e a cuarta zona, era para as persoas mais maiores, cuns bancos dende poder sentarse a fala entre eles. Estas catro partes estaban unidas entre si por medio duns corredores de cemento que estaban   vernizados de vermello, e que se unían entre sí no centro do parque, alí onde se atopaba esa caseta con forma de cogomelo xigante.
 Despois de axudarlle a miña nai a arranxar as poucas cousas que trouxemos, e tras o xantar, pasei toda a tarde metido no meu cuarto, pegado  aquela venta  que sen sábelo, me levaría o mundo da imaxinación. Mentres, miña nai facía o papel para matricularme no colexio ademais de prepararse para o seu novo traballo.
_¿Por que non baixas a xogar un pouco? _O mellor fas algún amigo, creo que no edificio hai un neno da túa idade.  Díxome.
Mais eu tremía pensando no momento de encontrarme ante ollos recoñecidos e que acosados polos prexuízos me analizasen sen sólidos fundamentos, creando nos seus donos unha idea tan irreal como negativa de min. ¿Pero e se todos estes pensamentos soamente eran produto do meu medo ó descoñecido?, ¿E se miña nai leva razón?, o mais cómodo e meterme no meu cuarto e deixar o asunto para outro día.
_Non mamá.  vou para o cuarto a ler o meu libro de historias máxicas,  dixen para que fora tranquila.  Votou un suspiro e marchou decepcionada outra vez, non facía nada bo de min. Collín o libro, que de pronto parecía pesar o dobre mentres os meus ollos posaban a súa atención na ventá tras a que se vía a seta como si fora un lenzo enmarcado, mentres, pola miña cabeza unha incertezas corroía os meus pensamentos, 
_ ¿Por que soamente terá portas e ventás? Tiña mil preguntas na miña cabeza que necesitaban dunha resposta,  entón mamá volveu a abrir a porta espertándome unha vez mais dos meus soños:
 _Martiño mañá empezas o colexio, acábame de chamar o Director e tamén me dixo: que lle sorprendeu as boas notas que sacas.
Eu aledeime polo comentario, pero empecei a prepararme para un día duro, sentíame un pouco agoniado por non dicir amedrentado.
 Na cea falamos do tranquilo e cómodo que era o sitio, estaba todo cerca e non había moitos coches.
_Martiño vaite para cama que xa limpo eu, mañá tes que estar despexado.
 _Vale, contestei sen moito entusiasmo – boas noites mamá,
 _boas noites meu rei, non te esquezas de lavar os dentes.
Antes de ir para o cuarto, xa fun o baño para evitar mais sermóns de mamá. Apaguei a luz, ía cara a cama cando vin pola fiestra algo raro, o parque estaba a escuras pero o cogomelo tiña coma unha aureola brillante que a bañaba de claridade. Toda a estampa resultaba estraña, coma tocada por un aire divino que a alimentaba coa súa maxia milagreira.
“ haberá alguén dentro”. Pensei mentres observaba. “e ademais non é moi ancha, ¿unha persoa collerá dentro?”. Cavilei. Pero a miña curiosidade aumentaba, ata o punto de desvelar os meus soños  se antes no podía satisfacer a miña curiosidade e saber que podería haber alí, dentro daquelas paredes con forma de champiñón.
Unha voz dentro de min díxome “ baixa Martiño, baixa a ver o que é”.  Nunca fun moi valente pero esa noite algo me empuxaba. Esperei a que miña nai quedara durmida e pouco a pouco  arrastrando a miña perna abrín a porta do meu cuarto con moito coidado, parei no corredor para escoitar si espertara miña nai. Cando cheguei a porta,  o corpo tremíame coma si estivera bailando, agarrei a chave con unha man e o chaveiro coa outra para non facer soar unhas chaves coas outras, abrín e saín. O corredor que de repente pareceume mais largo do que recordaba, e a escuridade era a raíña do lugar, guieime pola pequena luz do ascensor que marcaba o piso tres, entrei e pulsei o cero e comezou a baixar.
Cando pechei a porta as miñas costas, o medo acariciábame os dedos coma se quixese posuírme, pero outra vez esa voz que me dixo: “baixa, vence o medo e serás mais forte”. Nese momento non entendín o por que, pero seguín camiñando sen apartar os meus ollos do meu obxetivo, ata parecía que ía mais rápido do normal ata que cheguei ata alí, o cogomelo.
A pequena porta estaba un pouquiño aberta e a luz que vin pola miña fiestra, era menos luminosa. Peguei a cara as tablas para escoitar, pero nada. pero que fago eu aquí pensei a estas horas, o parque esta moi escuro si me pasa algo no podo correr mellor volvo para a cama, antes de que miña nai se decate.
Dei media volta pero cando empecei a arrastrar a miña perna, escoitei _Martiño non marches, ven, entra non teñas medo
_ non che vai pasar nada malo, ven. Tremendo empuxei pola porta 
_¿quén, quén esta haí? E votei a cabeza e alí estaba, un ser moi pequeno, raro era como os duende dos contos, pero non pode ser haiiiiiiiii! Isto ten que ser un pesadelo.
_¿podes falar? _¿qué es?
Aquela cousa pequena con pernas diminutas e cabeza grande non deixaba de mirarme con uns ollos alargados.
_chámome Soño, dixo de súpeto
_¿Soño? Pero _¿qué es, qué fas aquí? _estou aquí por tí Martiño
_ ¿por min? _¿porqué? .Deus isto ten que ser un pesadelo. E aquel ser votou unha risada que me asustou inda mais.
_tranquilo Martiño, sabes unha cousa?
_custoume traballo que chegaras ata aquí
_pero por fin fixéchelo, afastaches ese medo que tes a todo.
_por iso te agachas no teu mundo de fantasía.
_eu non me agacho, pero ti que saberás, non me coñeces de nada.
Outra risada vólveo a saír daquela boca tan fea, e olloume de novo.
_es un rapaz de catorce anos, e non tes ni un amigo, non saes da casa porque che da vergoña  que te vexan como andas. E prefires agocharte na túa fantasía.
_todos se rin de min gritei.
_¡nooooooooon! es ti, dáche vergonza arrastrar a perna, gritoume
_ti es o que te afastas, porque es un covarde. Estas só Martiño.
As miñas bagoas empezaron a caer, agocheime como puden para sentarme.
_¡oooooooooooo! Coitadiño Martiño,
Burlouse ollando para min e estirando uns brazos moi delgados e pequenos que case non se lle vían.
_pasas os días e noites imaxinando cousas que non podes facer, ¿ou si? Pero non te atreves a intentalo, miras pola túa fiestra como xogan os outros rapaces, e quedas alí coma un pasmón.
_non podo facer nada, son moi lento, aburriríaos
Soño move a cabeza de un lado a outro.
_¿probaches? Mira onde estás Martiño, estás nun parque, as tantas da madrugada falando con un ser imaxinario coma min.   
_ ¿es un ser imaxinario? Estou tolo dixen
_ ¡noooooooooooon! Non estas tolo, so tes medo,
_¿medo de qué ou de quén?
Outra risada moito mais sonora, que me cabreou.
_¿de que te ris? Griteille anoxado
_tes medo de ti mesmo, non te aceptas como eres
_xa, o tolo es ti, ¿como vou ter medo de min?
_Martiño si non te achegas as demais persoas, nunca van saber do que eres capaz, nin ti mesmo o saberás
_non son capaz, dáme vergonza. Refunguei
Pensei en miña nai que mo dicía sempre, o mellor aquel ser éstrano tiña razón.
_Martiño tes que cambiar a túa actitude, unha discapacidade non quere dicir que sexas parvo, podes facer mais cosas das que ti crees.
_¿a que te imaxinaches coma un súper heroe dentro deste cogomelo? Coma si fora a túa fortaleza.
¡Meu deus! ¿cómo pode saber iso? E coma si estivera na miña cabeza,
_deixa de vivir de fantasías, disfruta dos bos momentos deste mundo real.
_vas caer milleiros de veces, pero seguro que haberá unha man que che axude a levantarte, pero chegará o día en que te levantes ti só.
Eu xa estaba esgotado, pechábanseme os ollos.
_Martiño mira vamos facer unha cousa, mañá despois do colexio, vas a vir aquí a este parque. Pero non te agoches, intenta falar con calquera rapaz que estea por aquí.
_o mellor non che fan caso, pero estou seguro que outro día si.
_¿ti vas estar aquí? Pregunteille
Soño, cerrou aqueles ollos alargados e votou un pequeno sorriso, que nese momento non entendín.
_si, eu estarei dentro do cogomelo, pero non lle digas a ninguén que falas comigo.
_Martiño ¿prométesme que vas a vir?
_si, dixen case durmido
_recorda Martiño, si caes podes levantarte, chegará o momento en que te sintas orgulloso de ti, dos teus esforzos.
O outro día pola mañá, espertei na miña cama coma sempre pola fiestra entraban raios de sol. Quedeime sentado na cama sen saber moi ben que pasara esa noite.
_tubo que ser un pesadelo, dixen en voz alta.
_¿con quén falas Martiño? Preguntoume miña nai dende a cociña
_con ninguén mamá
_veña levántate, que vas a chegar tarde o colexio o primeiro día.
_¡xa vouuuuuuuuu!
Estaba almorzando e non me saía da cabeza todo o que pasará.
_Martiño, ¿estás ben fillo? ¿durmiches ben?
Non podo contarlle nada, pensaría que estou tolo de remate.
 _si, so estou nervioso polo colexio.
_tranquiliño home, de seguido te acostumaras.
Case non escoitaba o que me dicía a miña nai, só podía pensar no que me pasara esa noite.

O chegar o colexio, pasou xusto o que me imaxinei, palabras bonitas dos profesores e olladas, risiñas e murmurios dos que dende aquel momento eran meus compañeiros.
Pero si que pasou algo que non me esperaba, esas olladas e murmurios, xa non me molestaban coma o día anterior.
_que cousa mais éstrana, me dixen. De súpeto sentinme valente, recordei as palabras de Soño, aquel ser irreal.
O día foi normal as clases as presentacións os saúdos obrigados, todos a vez,
_Hola ¡Martiñooooooooo! e por suposto no recreo coma sempre funme para un curruncho, pero xa non me sentía tan mal. Había moitos rapaces xogando o fútbol, outros falaban en grupo e outros pasaban e ollábanme para a miña perna. Pero por primeira vez eu non baixaba os ollos, ollábaos igual que eles a min.
Decateime de que un rapaz mais ou menos da miña altura, mais gordo co pelo case rapado coma os xogadores, ollábame moito e parecía querer achegarse, pero non o fixo. O saír do colexio vino outra vez, estaba con unha muller estaban falando e ollaban para min sen disimulo. Empecei a camiñar pouco a pouco cara o parque, quería  chegar haber si había algo da noite pasada. Pero algo me detivo.
_Hola
Oín as miñas costas. Dei media volta e eran o rapaz e a muller de antes.
_¿ti es o rapaz que se mudou ai pouco coa túa nai, a ese edificio da aí. Dixo sinalando o meu edificio.
_si, respondín dándolle a cabeza tamén.
_eu son Isabel, e este e o meu fillo Pablo, e vivimos un piso mais arriba ¿ti cómo te chamas?
_Martiño. Volvín a sorprenderme, porque nunca falaba con descoñecidos. Bueno mellor dito non falaba con ninguén
_encantada Martiño, tes un nome moi bonito.
Gracias Señora. Non, chámame Isabel, e cando queiras podes subir a xogar con Pablo.
De súpeto deume ganas de rir, cousa que tampouco facía moi miúdo  pensei. _pero Señora ¿está chosca ou qué? Vostede non ve que non podo xogar a nada.  Agora doume conta de que o chosco era eu, e non ela.
_vale, respondín. Pablo non paraba de xogar cos pedais da súa bicicleta, que bonita era.
_adeus Martiño. Díxome ela, e vai con coidadiño. Outra vez pegoume a risa. E pensei, ¡si Señora!, non teño mais remedio. Por primeira vez dende o acédente, estábame rindo de min mesmo. ¿Qué me pasaba?.
Subín a casa deixei os libros e baixei tan rápido como puden, cando cheguei o cogomelo non podía créelo. Non había porta de táboas estaba cerrada con cemento, e as fiestras tamén, votei a chorar coma un neno pequeno.

_non pode ser, ¿qué me pasou? Achegueime a porta de cemento e escoitei. _¿Soño estás aí? Preguntei, pero ninguén contestou. Pasei varias semanas alí sentado diante da porta de cemento despois de saír do colexio, sentíame protexido e ata imaxinaba que falaba con Soño aquel ser raro, que saíra da miña imaxinación noites atrás. Pero era o único amigo que tiña, non me sentía tan só.
Unha tarde de moito calor xa nin subín a casa, senteime diante do cogomelo collín o bloque de debuxo e púxenme a debuxar a Soño o meu amigo imaxinario, estaba acabando cando escoito.
_Hola Martiño. Era Pablo o meu veciño con dous rapaces mais e a súa bicicleta ¡tan bonita!.
_Hola contestei sorprendido. Era a primeira vez que se achegaba.
_¿qué fas? Preguntou.
_debuxo dixen, pero doume vergoña e engadín _un traballo para a clase de pintura.
_¿queres dar un paseo na bici? ¡Meu deus! O meu corazón latexaba con forza.
_non, non podo darlle os pedais, e vanse rir de min.
_¡nooooooooooooon! Tranquilo lévote eu no asento da trás, anda ven.
_eles son: David e Rafa meus curmáns, presentou Pablo
 _Hola Martiño dixo un. _Hola repetiu o outro.
Eu ollei o debuxo de Soño, e de súpeto vín que tiña un sorriso que eu non lle puxera e fíxome un chisco de ollo, e escoite outra vez aquelas palabras. Martiño, ¡ ti podes facer mais cousa das que pensas, inténtao.
_¿seguro que me levas? Gritei todo animado.
_claro ¡vamos! Deixa aí a mochila ata despois, non pasa nada.
Levanteime  e Pablo díxolle os curmáns axudádelle a subir, eu aguanto a bici. Os dous deixaron no chan as súas bicis e axudáronme a subir. Eu ollaba para eles coma un parvo, non mo podía creer. A sensación de liberdade era incrible,
_ ¿Pablo por qué non me falaches antes? A súa resposta deixoume sen palabras.
_tiña medo.
_¿medo ti de min? Repetín moi sorprendido.
_si, sempre estas só, e agachado. Non sabía como ibas contestar.
_¿e hoxe por qué o fixeches?
_había que tentalo. Unha resposta rápida.
Despois de varias voltas decateime de que na miña fiestra estaba miña nai, levantei a man e saudeina e ela fixo o mesmo e de seguido limpou unha bagoa de felicidade.
E o volver pasar outra vez por xunto o bloque de debuxo, vin a Soño que seguía co sorriso dunha punta da orella a outra.
Non se pode vivir da fantasía, pero non todo o que vemos e real.
             
                                   


Comentarios